Sesión de Micros Abertos da Feira de Cultivos!

Se es cantante, músico/a ou tes unha banda e queres compartir a túa arte, esta é a túa oportunidade. Por primeira vez, a Feira de Cultivos do Baixo Miño abre o seu escenario principal ao público para unha sesión de micros abertos, e ti podes ser protagonista.

Cando?

Sábado 24 de maio ás 13:30 h
Escenario principal da Feira
Praza Pintor Antonio Fernández, Goián (Tomiño)

Para quen é?

Para persoas de todas as idades e estilos musicais, tanto de Tomiño, da comarca ou de calquera lugar. A actividade é aberta a todos os públicos.

Duración

Cada actuación durará entre 5 e 20 minutos por artista ou grupo

Como participar?

Cubre este formulario e reservarmos o teu oco no escenario. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.

Que necesito saber?

· A organización fornecerá son profesional, micrófonos e conexión eléctrica.
· Podes traer os teus propios instrumentos (acústicos ou enchufables).
· Recoméndase chegar 30 minutos antes por motivos de organización.

Inscríbete!