Foodtrucks

Que bo está

Aquí poderás atopar 🌭 auténticas salchichas alemás XXL con pan artesán e diferentes versións cheas de sabor, como o clásico Hotdog O de Sempre, o intenso Hotdog O Bravo coa súa salsa alemá de rúa ou O Secreto Alemán, servido sen pan para os máis atrevidos.

Para quen prefira algo máis contundente, tamén haberá 🍔 hamburguesas gourmet smash con dobre carne, pan brioche e ingredientes seleccionados, ademais de 🥪 bocadillos artesáns como o Pulled Pork, o Pepito de tenreira ou o tradicional xamón asado.

Todo preparado con ingredientes de calidade, carne de proximidade, pan artesán e ese toque especial que converte o fast food nunha experiencia con sabor a viaxe. 🥤 Ademais, haberá bebidas para acompañar e refrescarse durante a feira.

Unha parada obrigada para recargar enerxía e seguir gozando da xornada!

Alocados

Alocados é a foodtruck de Lola e Diego, dúas persoas cunha paixón clara: ofrecer sabores intensos e receitas feitas con moito mimo. A súa carta mestura tradición e orixinalidade para sorprender a todos os padais:

🥖 Bocadillo de albóndegas, con fusión de carnes e unha salsiña secreta que non deixarás de lembrar.
🐖 Pulled pork, elaborado con xamón cocido a baixa temperatura e desfiado a man, e servido en bocadillo.
🐄 Bocadillo de tenreira con salsa de portobelos, unha delicia fonda e sabrosa.
🍢 Brocheta de polo, perfecta para comer en movemento.
🌯 E como toque doce e diferente: fajitas de queixo tetilla con marmelo.

Alocados é unha parada obrigada para quen busca sabor, variedade e un trato cercano, como na casa pero sobre rodas.